As procesións de Semana Santa volven a Sanxenxo tras dous anos de silencio
Por Redacción
Despois de que a pandemia impedise a celebración das procesións de Semana Santa en 2020 e 2021, as cofradías de Sanxenxo retomarán esta tradición con enerxías renovadas.
A celebración desta festividad relixiosa arrancará no municipio o vindeiro sábado 9 de abril, ás 20:45 horas, coa lectura do pregón no Novo Templo, a cargo de Javier García Rodriguez, delegado pastoral de infancia e Mocidade da Diócesis de Santiago de Compostela.
O Domingo de Ramos será a bendición de ramos no atrio do Novo Templo, a procesión ao redor da igrexa e a misa a partir das 12:30 horas. Pola tarde, ás 20:45 horas, haberá un concerto de música sacra a cargo dun grupo de cámara.
A novidade da Semana Santa de Sanxenxo será a nova procesión que sairá o Luns Santo, ás oito e media da tarde. Será a procesión de Jesús atado á columna, que percorrerá as rúas históricas como Consistorio, Cruceiro e Carlos Casas.
Xa o mércores 13, o acto central será a procesión do Santo Encontro que se realizará sobre as 20:30 horas no cruzamento da Avenida de Madrid e o Paseo de Silgar, seguido do Santo Vía Crucis pola Avenida de Madrid cara ao Novo Templo.
O Xoves Santo, os actos litúrxicos darán comezo ás 20:00 horas, seguidos da procesión do noso Pai Jesús Nazareno, desde o Novo Templo ata o Templo Pequeno, pasando pola Avenida de Madrid.
O venres 15 realizarase a recepción dos santos óleos ás doce do mediodía e, a partir das oito da tarde, será a solemne acción litúrxica e a posterior procesión do Santo Sepulcro, onde os pasos serán cargados polas dúas cofradías.
O Sábado Santo, a programación comezará ás 21:45 horas coa saída da procesión da Nosa Señora da Soidade desde o Templo Pequeno ata o Templo Parroquial. A solemne vixilia pascual dará inicio ao finalizar a procesión.
Os actos relixiosos concluirán o domingo 17, ás dez da mañá, cunha misa.
Todas as procesións estarán acompañadas pola Banda de Cornetas e Tambores da Cofradía do Nazareno e Santo Sepulcro de Sanxenxo