O sector hostaleiro de Sanxenxo abrirá ao 80% esta Semana Santa agardando un bo nivel de ocupación

Por Oskar Viéitez

© PontevedraViva

© Concello de Sanxenxo
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, mantivo este xoves un encontro co presidente do Consorcio de Empresas Turísticas (CETS), Alfonso Martínez, e a presidenta da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (AVITURGA), Dulcinea Aguín, para abordar as perspectivas para a tempada alta.
O sector hostaleiro que abrirá ao 80% esta semana Santa presenta un bo nivel de ocupación. Martínez indica que as cifras oscilan entre o 60 e 75%, pero confía en que as posibles reservas de última hora cheguen a incrementar estes números.
Aguín eleva a ocupación de vivendas de uso turístico dispoñibles en Semana Santa en Sanxenxo ao 80% e destaca o "alto nivel de reservas anticipadas" para o verán.
O Concello de Sanxenxo reforzará como xa é habitual a seguridade e o control de tráfico coa Policía Local e a limpeza dos espazos públicos nos que hai xa semanas realizouse un operativo integral de higienización nos centros urbanos de Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga e A Revolta.
O alcalde expresoulles o seu compromiso de poñer todos os esforzos necesarios para reforzar a limpeza, o coidado e o mantemento de praias e a seguridade cidadá de forma que se faga compatible o lecer nocturno e o descanso das familias.
O alcalde, Telmo Martín, incidiu en que "o verán pasado Sanxenxo quedouse moi cerca do mellor ano turístico, 2019. Este ano o noso obxectivo é mellorar o 2019 e tanto o sector como o goberno sabemos que a mellor ferramenta é a calidade do servizo".
Cada tempada o Concello de Sanxenxo inviste máis dun millón de euros na posta a punto da tempada alta e a mellora dos servizos. Proba diso é o mantemento un ano máis da limpeza cada hora e media dos baños das praias ou o incremento de praias co servizo anticipado de socorristas en xuño.
Relacionadas:
-
Ocupación dun 80% de media en Sanxenxo nunha Semana Santa "moi positiva" para o sector turístico
Por Redacción |
-
Sanxenxo aspira a conseguir 16 'Q de calidade turística' en praias este verán
Por Oskar Viéitez |
-
Sanidade regresa ao lecer nocturno de Sanxenxo para previr condutas aditivas entre a mocidade
Por Redacción |
-
Agárdase unha ocupación do 85% en vivendas turísticas durante esta Semana Santa
Por Redacción |
-
O Instituto de Vilalonga acollerá un novo ciclo de FP Básica Dual de Cociña e Restauración
Por Redacción |
-
A reactivación do turismo aumenta as contratacións en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Estiman para Semana Santa unha ocupación media superior ao 60%, recuperando os niveis previos á pandemia
Por Oskar Viéitez |
-
As procesións de Semana Santa volven a Sanxenxo tras dous anos de silencio
Por Redacción |
-
Máis de 3.000 persoas xa reservaron para viaxar ao Parque Nacional das Illas Atlánticas durante Semana Santa
Por Redacción |
-
Semana Santa acuática en Aguete con paddle surf, sup ioga e ruta en kaiak
Por Redacción |