Montecelo organiza unha Xornada de Cirurxía Coloproctolóxica
Por Redacción
Profesionais do servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra organizan durante os vindeiros xoves 7 e venres 8 de abril no hospital Montecelo a XI Xornada de Cirurxía Coloproctolóxica, que nesta ocasión analizará diversas técnicas cirúrxicas en patoloxías pelvi-perineáis.
Nesta edición, preto de 200 profesionais da Cirurxía e diversas especialidades de España, Portugal e América Latina analizarán na cidade do Lérez aspectos acordes ás novas técnicas cirúrxicas aplicadas no panorama sanitario de Galicia.
O contido técnico deste evento inclúe mesas redondas, conferencias e técnicas cirúrxicas en patoloxías pelvi-perineáis.
Segundo sinala o presidente do comité organizador da XI Xornada de Cirurxía Coloproctolóxica e xefe de servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, o doutor Alberto Parajó Calvo, "a nosa unidade de cirurxía colorrectal vai actualizar e debatir, xunto cos profesionais que asistan presencialmente e on line a este evento, as últimas técnicas cirúrxicas coloproctolóxicas así coma o nivel da innovación dos servizos de Cirurxía ante os novos retos asistenciais que se nos presentan".
VIDEOFORUM
A XI Xornada de Cirurxía Coloproctolóxica acolllerá o venres a celebración dun videoforum coa temática de colgajos pélvicos e perineáis, primando o enfoque práctico. Ademáis das mesas redondas e conferencias, efectuaránse sesións videoforum de casos seleccionados para amosar co máximo realismo as técnicas cirúrxicas, nas que se se analizarán detalladamente diferentes intervencións reparadoras coa intención de favorecer a interacción contínua dos asistentes.
Tras o videoforum celebraráse, ás 13.15 horas, unha conferencia coa temática "Manexo das complicacións e rescates da cirurxía reconstructiva perineal" impartida polo cirurxián plástico Juan Ramón Sanz Giménez-Rico.
A inauguración oficial celebraráse en Montecelo o xoves 7 de abril de 2022 ás 16 horas, coa presencia do xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias, que estará acompañado polo xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés, José Ramón Gómez Fernández e do presidente do comité organizador deste evento e xefe de servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, o doutor Alberto Parajó Calvo.
Relacionadas:
-
Unha xornada sobre solo pelviano avanzará na vindeira creación dunha unidade multidisciplinar en Montecelo
Por Redacción |
-
Un día para insistir na importancia da detección precoz do cancro colorrectal
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra, primeira área sanitaria galega que trata a obesidade con gastroplastia endoscópica
Por Redacción |