O novo grao de Deseño ofertará 45 prazas no seu primeiro ano
Por Alejandro Espiño
Os estudos universitarios que quere estrear o campus de Pontevedra o próximo curso 2022-2023, o grao de Deseño, seguen dando pasos para a súa formalización.
Así, o consello de goberno da Universidade de Vigo fixou en 45 as prazas que ofertará ao alumnado durante o primeiro ano no que se impartirá esta titulación.
Esta é unha das catro titulacións que prevé implantar a institución educativa o próximo curso, xunto co grao en Intelixencia Artificial, o grao en Relacións Internacionais e a mención dual de Enxeñaría de Automoción.
Con todo, o reitor Manuel Reigosa recordou que estes estudos, que están en diferentes etapas de tramitación, están afectados por un real decreto aprobado polo Goberno en outubro.
Este documento regula, entre outras cuestións o procedemento de verificación e autorización de novas titulacións oficiais e introduce novas condicións para poder impartir un novo título.
Reigosa advertiu que de non producirse algunha relaxación dos criterios establecidos polo novo decreto, "como estamos a pedir as universidades e a Xunta", estes novos estudos "non chegarían a tempo para o curso que vén".
Aínda así, e de mutuo acordo coa administración autonómica, acordouse enviar estas titulacións para a súa aprobación, aprobando en consello de goberno o seu límite de prazas.
Relacionadas:
-
O grao en Deseño estréase no campus de Pontevedra con 52 estudantes
Por Redacción |
-
O novo edificio para Deseño e Xestión Pública, unha "prioridade" para Manuel Reigosa
Por Redacción |
-
Eva Lantarón, decana de Fisioterapia, proposta como nova vicerreitora en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello dará 'vía libre' ao novo edificio universitario para Deseño en Tafisa
Por Alejandro Espiño |
-
Luz verde á creación en Pontevedra das novas facultades de Deseño e de Dirección e Xestión Pública
Por Alejandro Espiño |
-
Estudan novas titulacións para o campus que sexan "acordes" á súa especialización
Por Redacción |