Un catálogo identifica as variedades locais de cultivos galegos

© Deputación de Pontevedra

© Raquel Currás Martínez
O salón de plenos da Deputación foi escenario da presentación do 'Catálogo das coleccións vexetais locais da Misión Biolóxica de Galicia' durante a mañá deste martes 5 de abril. A obra, coautorizada polas científicas da Misión Biolóxica de Galicia María Elena Cartea e Estefanía Suárez, recolle os resultados das investigacións realizadas nos últimos dous anos sobre as variedades vexetais locais.
Cartea considera de gran importancia e utilidade que a poboación coñeza os cultivos da zona e mostrouse conmovida pola cantidade de asistentes ao acto, quen puideron obter de balde un exemplar do catálogo, froito dun convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).
Javier Rey, delegado do CSIC en Galicia, destacou o traballo da presidenta da Deputación, Carmela Silva, por incidir tanto no apoio ás investigacións científicas. Ademais, Silva celebrou o traballo das mulleres neste ámbito coa intención de evitar a invisibilización que sufriron ao longo da historia.
"Temos que cambiar o mundo e temos pouco tempo, por iso hai que apoiar a ciencia e a innovación" remarcou a presidenta para poñer en valor o esforzo dedicado a este libro. Tamén aproveitou para anunciar a continuidade da colaboración mediante un estudo dos usos alternativos dos cultivos agroforestais desde a perspectiva da sostibilidade, bioeconomía e respecto á biodiversidade.
Relacionadas:
-
A Deputación asina un convenio co CSIC para a posta en valor do patrimonio arqueolóxico provincial
Por Oskar Viéitez |
-
A Misión Biolóxica participa nunha investigación para producir pan de millo de calidade máxima con fariñas galegas
Por Redacción |
-
A gala de entrega dos premios 'Mulleres no Foco' celebrarase en Pontevedra a finais de setembro
Por Redacción |
-
A Semana Forestal aborda as saídas profesionais e a implantación das novas tecnoloxías neste sector
Por Redacción |
-
Retiran máis de 10 toneladas de plantas invasoras das dunas da praia de Areas
Por Redacción |
-
Un libro rememora e reivindica a importancia do primeiro congreso "As mulleres que opinan son perigosas"
Por Redacción |