Reunión do Consello Escolar Municipal para avaliar as propostas do ano académico 2022-2023
O Consello Escolar Municipal foi citado para este xoves 7 ás 17:00 horas na Casa Consistorial coa finalidade de tratar diversas propostas do Consello e avaliar o plan de zonificación elaborado pola Consellería de Educación no ámbito autonómico.
Serán partícipes da convocatoria dez persoas do profesorado, seis pais ou nais e catro representantes do alumnado. Todas as partes estarán formadas tanto de membros da ensinanza pública como da concertada. Así mesmo, contarase coa presenza dun portavoz da Consellería de Educación e dez integrantes da corporación municipal.
Durante a reunión tamén se fará un repaso das últimas inversións efectuadas nos centros educativos da vila, xunto ás previstas para este ano académico.