Retiran máis de 10 toneladas de plantas invasoras das dunas da praia de Areas
Por Redacción
Máis de 10 toneladas de plantas invasoras, uña de gato e agave, foron retiradas nos últimos días da praia de Areas.
Algunhas destas especies atopábanse nas dunas polo que foi precisa a súa retirada manual, mentres que o resto que se achaba no areal extraéronse coa pa escavadora. A actuación enmárcase dentro do proxecto "Posta en valor e mellora de accesibilidade, protección dunar e obtención de servizos móbiles para ou litoral de Sanxenxo" valorado en 86.297 euros.
O GALP colabora con 64.759 euros e o Concello asume os 21.538 euros restantes con fondos propios.
De forma simultánea tamén se empezou coa renovación duns 100 metros de pasarela de madeira que se atopa moi deteriorada por unha nova de piñeiro cunha anchura de 2,50 metros. O resto de pasarela presenta bo estado polo que se procederá á súa limpeza e a aplicación dun protector de madeira para a súa conservación.
Os obxectivos son mellorar os accesos xa consolidados e de dotar de seguridade e accesibilidade a zona de tránsito. Na renovación deste novo tramo aproveitouse para aproximar o trazado ás vivendas facilitando a rexeneración natural da duna.
En canto á protección dunar, tamén está prevista a substitución do valado ao longo de 300 metros que se atopa en mal estado e non cumpre a función de barreira requirida. Os traballos inclúen a retirada de vexetación invasora da contorna e que está a desprazar as especies propias do ecosistema.
Co obxectivo de profundar nunha maior concienciación do valor das dunas e a súa fraxilidade colocaranse novos carteis informativos. Os traballos inclúen unha limpeza do carreiro fluvial para mellorar a accesibilidade.
Os traballos prevese que estean concluídos nun prazo de dúas semanas.
Relacionadas:
-
Sanxenxo busca máis civismo para protexer as dunas: "A duna é vida. Non a pises, respéctaa"
Por Redacción |
-
Volve licitarse a subministración de dous módulos de aseos para as praias de Pragueira e Foxos
Por Redacción |
-
30.000 euros para promover a protección do espazo dunar da praia de Area de Secada
Por Raquel Currás Martínez |
-
Un catálogo identifica as variedades locais de cultivos galegos
Por Raquel Currás Martínez |
-
Unha pasarela elevada coroará a futura senda fluvial do río Dorrón
Por Redacción |
-
Agra, Areas, Bascuas, Canelas, Montalvo, Pragueira e Paxariñas súmanse ás "praias sen fume" de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo contratará por uns 50.000 euros o acondicionamento de 23 praias
Por Redacción |
-
A accesibilidade e protección dunar en Areas será mellorada cunha axuda do GALP
Por Redacción |