Unha fin de semana de asistencia masiva ás gasolineiras
Por Redacción
As medidas aprobadas polo Goberno para combater a alza de prezos principalmente no sector enerxético e no dos combustibles, cun desconto de 20 céntimos sobre o litro de carburante, seguen a provocar unha alta asistencia ás gasolineiras da comarca.
Despois dun primeiro día con colas e mesmo problemas informáticos para aplicar o desconto acordado á hora de cobrar, este sábado seguían sendo moitos os condutores que se achegaban a tentar encher o seu depósito.
Moitos deles esperaban a entrada en vigor da medida para encher o tanque dos seus vehículos, non en balde os descontos á hora de optar por un cheo poden roldar os 8 euros nun turismo medio, maior aínda se se trata de vehículos de carga e volume máis elevado.
Cabe lembrar que a rebaixa non se percibe ao ver o prezo no surtidor, senón que se aplica á hora de pagar en caixa saíndo reflectido no ticket.