Un transportista portugués que viaxaba de Porto a Caldas quintuplica a taxa de alcol permitida
Por Redacción
Un veciño de Portugal que facía un desprazamento entre Porto e Caldas de Reis para recoller mercancía co seu camión acabou denunciado pola Garda Civil por conducir quintuplicando a taxa de alcohol permitida para condutores profesionais.
Ocorreu o luns, día 28 de marzo. Unha patrulla de Tráfico da Garda Civil de Vilaboa realizaba un control preventivo para detectar consumo de alcohol e drogas ao volante na autopista AP-9 e deulle o alto a un camión de matrícula portuguesa.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil, o control realizouse á altura do punto kilométrico 137,500 da autopista en sentido A Coruña, á altura de Vilaboa. Cando lle deron o alto, o camionero dirixíase a Caldas de Reis.
Os axentes fixéronlle a proba de consumo de alcohol e detectaron un resultado positivo cunha taxa de 0,79 miligramos por litro de aire espirado, o que supón máis de cinco veces a taxa máxima permitida para a condución deste tipo de vehículos, que é de 0,15.
Ao condutor notificóuselle que esta taxa de alcohol é constitutiva dun delito, de modo que está investigado pola vía penal por un delito contra a seguridade vial.
O atestado de Tráfico foi remitido ao Xulgado de Garda dos de Cangas e, como medida cautelar, foille retirado o permiso de condución durante oito meses. Ademais, deberá pagar unha sanción de 600 euros.
O vehículo permanece inmobilizado no lugar ata que se faga cargo do mesmo algún outro condutor que envíe a empresa á que pertence.