Tempo de castañas, tempo de xogos
Por Redacción
No CEIP de Parada-Campañó, celebraron o magosto con xogos tradicionais e degustación de castañas. Nenos, pais e profesores gozaron dunha mañá con "os xogos dos de antes" peletre, buxaina, comba, chapas, zancos, e unha castañada como merenda.
Ademais todos puideron gozar da exposición cos exemplares de cogomelos recollidos o luns polos alumnos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria. Actividade guiada polos expertos Jaime Blanco e Amancio Castro, e proposta dende Concellería de Normalización Lingüística del Concello de Pontevedra.
Tamén o colexio Carballal organizou o seu magosto que incluíu un concurso 'Masterchef' de repostaría, realizada con produtos típicos do outono e outro concurso máis de envases de castañas.
As condicións para a elaboración dos devanditos envases son a elaboración a partir dun tetrabrick e que o recipiente teña dúas partes, unha para as castañas asadas e outra para as cascas.
Para finalizar, máis xogos populares, "a ra, pelouros, peóns, liga, etc.", na que participaron todos os alumnos do centro.