A pontevedresa Natalia Maquieira será unha das "Instagrammers no Camiño"
Por Alejandro Espiño
Máis de 3,6 millóns de seguidores nos seus perfís de Instagram suman os seis participantes da segunda edición de "Instagrammers no Camiño", unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia para promocionar o Camiño de Santiago entre os mozos.
Unha deles será a pontevedresa Natalia Maquieira (@pasoapasoblog), que compartirá esta aventura cos cantantes Roi Méndez e Luís Cepeda, a actriz Cristina Castaño, o cómico Xurxo Carreño e a tamén 'influencer' Tamara García Romero.
Os seis participantes percorrerán, entre os días 30 de marzo e 3 de abril, os últimos cen quilómetros da Vía da Prata, unha dos roteiros de peregrinación, entre Ourense e Santiago de Compostela, narrando as súas vivencias a través das súas respectivas redes sociais.
Na presentación desta segunda edición, Natalia Maquieira explicou que os seus antecesores "pusieron a Galicia de moda" e, no seu caso, "me dieron tanta envidia" que ela mesma e os seus amigos "decidimos hacer nuestro propio camino".
Asegura que, ao principio, "puede dar algo de miedo" para organizalo de maneira adecuada, pero "una vez controlada la experiencia es muy gratificante y merece mucho la pena".
No seu caso, decidiu embarcarse nesta viaxe porque "estoy en una etapa estresante de mi vida y me viene bien dar prioridad a esto y dejar atrás los problemas".
A actriz Cristina Castaño, popular polo seu traballo na serie La que se avecina, destacou que "dar a coñecer este camiño é importante", aínda que para ela será a primeira vez. "Vaime a gustar atoparme a min mesma", explicou, porque "vai ser unha desconexión".
Para Roi Méndez, que concursou en OT 2017, tamén será a súa estrea no Camiño. "Es raro porque soy muy aventurero", apuntou. Esta oportunidade chégalle, segundo destacou, "en un momento muy guay de mi vida". Documentar esta viaxe "me hace especial ilusión", engade.
Xurxo Carreño é o único que repite esta experiencia, tras percorrer o pasado ano as catro etapas do Camiño Portugués da Costa xunto ao actor galego Martiño Rivas e as ' influencer' Gala González e Cristina Cerqueiras. "Fue una de las mejores experiencias de mi vida", afirma.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que estes seis "talentos galegos" converteranse en "peregrinos e guías" para os seus millóns de seguidores, ofrecendo as súas canles para ser os "mellores embaixadores" do Camiño de Santiago para este Xacobeo 2022.
A primeira edición de "Instagrammers non Camiño" logrou máis de trece millóns de impactos coas diferentes publicacións que os seus participantes foron subindo ás súas redes sociais durante a peregrinación que protagonizaron ata Santiago.
Relacionadas:
-
RADIO.- Falamos con Cepeda pouco antes de estrear 'Pastillas rosas' que cantará en directo en Sanxenxo
Por Marisa Ciordia |
-
O local 'influencer' que trae a Pontevedra os brunch de Nova York, Londres ou París
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Unha fin de semana na Toxa e O Salnés con filtro de Instagram
Por Manu Otero |
-
Catro 'instagrammers' percorren o Camiño Portugués para promocionalo entre a mocidade
Por Redacción |