Pontevedra, invitada a explicar a súa transformación urbana no Parlamento Europeo
Por Alejandro Espiño
Ata o Parlamento Europeo de Estrasburgo, en Francia, chegará a transformación urbana de Pontevedra. A cidade foi convidada a participar como relatora nun foro organizado ao amparo da presidencia francesa no Consello Europeo.
Trátase da segunda edición do Foro Europeo sobre o Centro da Cidade, que se celebrará os días 28 e 29 de xuño e ao que asistirá o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para quen este novo convite á cidade é "un orgullo".
"Pontevedra é cada vez máis un maior referente para todo ou mundo", sinalou Fernández Lores, "non só como referente teórico senón como algo que xa está testado".
Neste foro, Pontevedra participará como relator nunha mesa redonda sobre o papel da mobilidade e as peonalizacións para deseñar cidades máis accesibles e agradables.
Celebrarase no marco dunha "preocupación mundial", segundo o rexedor, pola situación na que se atopan as cidades pola súa contaminación e ruídos, polos seus problemas de accesibilidade e falta de autonomía ou a súa perda poboacional.
A carta recibida en Pontevedra en nome da axencia francesa "Centre-Ville en Mouvement", presidida polo alcalde de Sceaux, cidade situada nos Altos do Sena, reflicte que os organizadores afirman estar "impresionados" coa calidade da Pontevedra peonil.
Ademais, destacan a forma na que "ambiciosamente" executáronse as políticas que "apaciguaron" o centro da cidade "e fíxoo moito máis agradable".
Aproveitando a súa presenza en Estrasburgo, a intención do alcalde é lograr que esta visita sexa "o máis produtiva posible" e reunirse con diversas autoridades europeas para abordar a posible concesión a Pontevedra de diversos programas de actuacións e investimentos.
Relacionadas:
-
Pontevedra, satisfeita de cumprir "todo os obxectivos" en Estrasburgo
Por Alejandro Espiño |
-
Estrasburgo e Pontevedra estreitan lazos cunha visión compartida sobre o futuro das cidades
Por Alejandro Espiño |
-
Europa mira cara Pontevedra na busca de inspiración para peonalizar as súas cidades
Por Alejandro Espiño |
-
Un "fallo de configuración" no despegue do avión complica a viaxe de Lores a Estrasburgo
Por Alejandro Espiño |
-
Un xuño internacional para Pontevedra, que explicará o seu modelo urbano en Irlanda do Norte, Suecia, Francia ou Portugal
Por Alejandro Espiño |
-
O alcalde de Xenebra visita Pontevedra para inspirarse no seu modelo urbano
Por Raquel Currás Martínez & Mónica Patxot |
-
Lores participa este luns en París na segunda parte da gravación do documental de Canal Arte sobre o modelo urbano
Por Redacción |
-
Alianza entre a OCDE e Pontevedra para replicar o seu modelo urbano en cidades similares
Por Redacción |