Cociña creativa e tradicional abrirán boca na sexta edición de PontedeTapas
Por Redacción
Regresa o concurso PontedeTapas entre os restaurantes da cidade que se desenvolverá entre o 29 de novembro e o 8 de decembro. Trátase da quinta edición dun certame que ocupa dúas fins de semana e coincide coa ponte da Constitución e da Inmaculada.
Durante a presentación, ademais da concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, tamén participaron a xerente de Aempe, Diana Pastoriza e os hostaleiros Víctor Romero e Pablo Fontenla.
PontedeTapas cambia de formato e introduce dúas modalidades novas de tapas: as creativas e as tradicionais. Ademais vai recuperarse a dualidade dos premios, a través dun xurado profesional presidido polo coñecido cociñeiro Pepe Solla e da votación do público.
O prezo da tapa vaise manter en 1,50 euros sen a bebida. O prezo do cóctel será de 2,50 euros. As tapas deberán estar dispoñibles en horario de 12 a 16 horas e de 19 a 23.30 horas.
A inscrición para os hostaleiros que queiran participar estará aberta ata o venres 18 de novembro e terán que aportar 80 euros. O formulario de inscrición atópase na web pontedetapas.eu
A gala final de PontedeTapas celebrarase o 16 de decembro na que se decidirá quen son os gañadores desta edición.
Entre o público que participe nas votacións se sortearán diversos premios nos que colabora AEMPE. O primeiro premio será unha viaxe mentres que os demáis consistirán en vales de compra no mercado local e no Mercado de Abastos.
Durante a edición do ano pasado repartíronse 38.400 tapas cun impacto económico que ronda os 115.000 euros. Segundo a concelleira, este evento é un atractivo para o turismo para o que atopa na gastronomía a segunda razón pola que achegarse a visitar Pontevedra.