Arregui (ENCE): "Lo que hacemos no molesta ni daña a nadie. ¿Por qué nos tenemos que ir si cumplimos la ley?"
Ence insiste. O seu traslado de Lourizán é "inasumible" económicamente. Custaría, di a empresa, uns 700 millóns de euros. Optan por seguir na súa actual ubicación máis aló de 2018 e xa decidiron, recorrendo á nova Lei de Costas, solicitar unha prórroga da actual concesión. "Trataremos de quedarnos", afirmou este martes o seu presidente, Juan Luís Arregui, nunha rolda de prensa celebrada no complexo industrial.
"Lo haremos bien, demostrando que lo que estamos haciendo ni molesta a nadie, ni daña a nadie y encima crea 5.000 puestos de trabajo y un montón de ingresos a la administraciones", asegurou Arregui ante as preguntas dos xornalistas sobre un hipotético traslado. "¿Por qué nos tenemos que ir si cumplimos la ley?. Si aquí todos nos tuviéramos que ir porque no le gusta a alguien la cara nosotros vamos a procurar estar".
O presidente de Ence referíase así ao futuro da fábrica durante a presentación dun informe sobre a contribución de Ence ao desenvolvemento social, económico e ambiental de Galicia. Con este estudo, encargado á consultora KPGM, búscase "aportar luz, rigor y transparencia al debate sobre la permanencia y el futuro de Ence en Pontevedra". Trátase dun debate, dixo Arregui, que debe sustentarse nun "conocimiento profundo y serio""coñecemento profundo e serio" da compañía.
En liñas xerais, este informe de KPGM conclúe que Ence aporta 460 millóns de euros ao PIB de Galicia, un 0,82% do total. Esta porcentaxe ascende ao 29% se se contabiliza o valor económico que xera só no sector forestal (166 millóns de euros). As súas exportacións, cerca do 95% da súa produción, xeran en Galicia un movemento económico superior aos 200 millóns de euros e aseguran pagar en impostos máis de 33 millóns de euros ao ano.
Ademais, segundo esta auditoría, máis de 5.000 persoas traballarían de xeito directo (cifrados en 329) ou indirecto en Galicia grazas á actividade de Ence en Pontevedra. De todos eles 800 estarían vinculados directamente aos municipios de Pontevedra, Marín e Poio, cuxas empresas provedoras repártense 24 dos 176,6 millóns de euros que Ence gasta cada ano para abastecerse, fundamentalmente de madeira.
O valor económico xerado pola empresa en Galicia, segundo este informe, equivale ao 28,16% do PIB do concello de Pontevedra
Destes datos locais botou man o conselleiro delegado de Ence, Ignacio de Colmenares, para asegurar que "queremos ser unos buenos vecinos para Pontevedra, que se nos quiera". Afirmou que o valor económico xerado pola empresa en Galicia equivale ao 28,16% do PIB do concello de Pontevedra e defendeu que, cos 160 millóns investidos en Lourizán desde 2006, reduciuse "notablemente" o seu impacto ambiental.
O informe de KPGM conclúe destacando que Ence cumpre con todos os parámetros ambientais esixidos, que a nivel enerxético é case autosuficiente grazas ao aproveitamento da biomasa sobrante e que contribúe de forma decidida ao coidado da masa forestal galega, reducindo nun 73% o risco de incendios nas hectáreas que xestiona. Convértese así, sinala, nunha das mellores empresas de Europa neste sector.
"Eso es Ence", sinalou Ignacio de Colmenares, "una empresa que genera empleo y riqueza", e que conta cun balance "saneado y solvente" e unha xestión ambiental "eficiente y responsable". Por iso é polo que insistise en que "queremos permanecer en Pontevedra", xa que o traslado "nunca ha sido una posibilidad". De non continuar en Lourizán, dixo, "nos marcharíamos de Galicia y repartiríamos la producción en nuestras otras fábricas".
"NO TENEMOS NADA QUE VER CON ELNOSA"
A situación de Ence"no se asemeja en nada" á de Elnosa, sinalaron tanto Arregui como Colmenares. Aseguran non sentirse aludidos coas declaracións realizadas polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, nas que lles animaba a seguir os pasos da electroquímica e negociar a súa salida da Ría de Pontevedra."No tenemos nada que ver con Elnosa", zanxaron case ao unísono.
En todo caso, Juan Luis Arregui, que cualificou de"magníficas" as relaciones entre a empresa y a Xunta de Galicia, subliñou que"siempre estamos dispuestos a negociar", pero baixo a premisa, insistiu, de que"nuestro caso no tiene nada que ver con Elnosa"
Relacionadas:
-
Vía libre para que a Xunta emita o informe sobre a continuidade de ENCE en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Ence solicita oficialmente unha prórroga para seguir en Lourizán máis alá do 2018
Por Oskar Viéitez |
-
Xunta e Deputación inician unha ofensiva para dar "absoluta preferencia" á biomasa
Por Oskar Viéitez |
-
A Plataforma 2018 quenta motores para a marcha do sábado contra a permanencia de Ence e Elnosa na ría
Por Anxo Lourido |
-
ENCE, o 'tasazo' de Sogama e o corte na Barca monopolizan un pleno longo, tedioso e predecible
Por Alejandro Espiño |
-
"Nada nuevo bajo el sol" aporta, segundo Fernández Lores, o "esaxerado" informe de Ence
Por Alejandro Espiño |
-
ENCE prepara xa a solicitude de prórroga en Lourizán e Arregui arremete contra o goberno local e a APDR
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Eucaliptos, pinos e xestas para embelecer a fábrica de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
Juan Luis Arregui, presidente de ENCE: "Trabajamos para que en 2016, todos nos pidan que sigamos en Pontevedra"
Por Alejandro Espiño |