O arranxo dos desperfectos nos parques infantís de Marín custará 40.000 euros
Por Redacción
A concelleira de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, informou este luns da inversión que ten previsto realizar o Concello ao longo dos próximos meses para a reparación e mellora dos parques infantís.
En total, investiranse 40.000 euros na mano de obra e na adquisición de materiais para a súa reposición nos elementos danados no parque da Alameda de Marín, na zona deportiva da Praza de España, nos parques de Cantodarea, A Cañota, Lameira, Parque Eguren, Virxe do Carme, San Pedro, Alameda de Seixo, Praia de Loira, O Campo, Briz, Pardavila, Miñán, Pastoriza e tamén os biosaudables de Vilaseca-Ardán e San Xulián.
Cristina Acuña apuntou que no caso do parque da Alameda, os traballos comezarán de xeito inminente esta semana, xa que é "un dos máis utilizados da nosa vila, pola súa céntrica ubicación e polo grande que é".
Despois, seguirase actuando en función das necesidades de cada parque, para priorizar aqueles que máis precisan da intervención.
Debido ao intenso uso que se fai deste área recreativa, hai un grao de desgaste nalgúns elementos que debe corrixirse.
Na memoria elaborada pola empresa que se encargará de levar a cabo o mantemento, recóllense todos os desperfectos atopados, que se irán solventando para garantir a seguridade dos nenos que diariamente os utilizan. Tamén se corrixirán algúns defectos do céspede artificial e do caucho.
Por outra banda, "nalgúns do rural, como o de Pardavila ou o de San Xulián, que aínda que están en terreo das comunidades de montes, o Concello encárgase do seu mantemento, xa se realizaron algúns labores", adiantou a edil.
Relacionadas:
-
Queixas polo estado de "suciedade e insalubridade" do parque infantil de Seixo
Por Redacción |
-
O Concello de Marín reparará as deficiencias do parque infantil da Alameda
Por Redacción |
-
Denuncian actos vandálicos na parroquia de San Xulián
Por Redacción |
-
Marín repara os elementos de xogo dos parques infantís deteriorados
Por Redacción |