Un xabaril causa un accidente na AP-9: "Puidemos quedar todos alí pero por sorte non houbo mortes"
Por Almu Dapena
Un xabaril causou un importante accidente ao redor das 2:00 horas da madrugada deste domingo na AP-9 á altura de Barro.
No sinistro estiveron implicados dous vehículos, cando o animal meteuse na traxectoria dun primeiro coche que circulaba pola autoestrada. O coche impactou co animal, matándoo no acto, mentres que o segundo turismo no que ía unha familia con dúas nenas de seis anos e que ía detrás del, estrelouse contra o primeiro coche accidentado, que quedou cruzado na estrada.
"Puidemos quedar todos alí pero por sorte non houbo mortes", manifestou unha das ocupantes do segundo vehículo, que denuncia o "excesivo prezo da autoestrada" e "a falta de mantemento" desta.
Ao lugar dos feitos acudiron os servizos de emerxencias de Vilagarcía de Arousa, que tiveron que prestar os seus servizos aos feridos, que sufriron contusións. Tres dos ocupantes foron trasladados ao hospital para estudar a gravidade dos golpes.