O programa municipal 'Ponte ao Choio!' volve en abril á Casa Azul
Por Redacción
Despois de que a Covid-19 obrigara ao seu adiamento, o programa 'Ponte ao Choio! Desenvolvendo o teu futuro', ten nova data para poñer en marcha o seu Circuíto Curricular e as súas charlas: será na Casa Azul o venres 1 e o sábado 2 de abril.
Trátase dun programa impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo para proporcionarlles aos pontevedreses un asesoramento integral no proceso de busca de emprego.
Profesionais de diferentes ámbitos axudarán de balde ás persoas participantes: Noela Quintana, consultora en Recursos Humanos e formadora; Beatriz Císcar, fotógrafa profesional, e Damián Pazos, da firma Pixelecer Audiovisual e experto na confección de videocurrículos.
Os principais obxectivos do proxecto son os de lograr que os asesorados adquiran un papel activo no seu proceso de procura de emprego e proporcionarlles a formación, adestramento e imaxe persoal que melloren as súas posibilidades de inserción laboral.
Deste xeito, achegaránselles as ferramentas necesarias para crear un currículo único e orixinal, axustado á súa profesión ou obxectivo profesional, así como material gráfico de calidade (fotografía e videocurrículo) que poidan utilizar en función das súas necesidades, xa sexa online ou offline.
Entre as accións deseñadas inclúese un Circuíto Curricular que se desenvolverá en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas e que está integrado por tres áreas de intervención diferenciadas: asesoramento do currículo, fotografía curricular e videocurrículo.
Asemade, o venres 1 celebrarase un obradoiro/charla titulado ‘Que di o teu currículo de ti?’ e o sábado 2 outro sobre ‘Como afrontar unha entrevista de traballo’, ámbolos dous en horario de 18:00 a 20:00 horas.
Todos aqueles que estean interesados en obter máis información sobre 'Ponte ao Choio!' ou inscribirse neste Circuíto Curricular disporán da dirección de correo electrónico ponteaochoio@gmail.com.
Relacionadas:
-
O programa que axuda a atopar emprego, Ponte ao Choio! celebra a súa segunda edición no Mercado Municipal
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Satisfacción pola boa acollida do programa de mellora da inserción laboral 'Ponte ao Choio!'
Por Redacción |
-
Nauta Sanxenxo crea unha bolsa de emprego para reforzar o seo persoal
Por Redacción |
-
Unha trintena de traballadores reforzarán temporalmente o persoal do Concello de Poio
Por Redacción |
-
A busca de emprego e reducir a fenda dixital entre mulleres, obxectivos do 'Espazo empodera'
Por Redacción |