O campus xa busca os gañadores dos segundos Premios CREA
Por Redacción
Ata o próximo 29 de abril está aberto o prazo para que o alumnado do campus universitario de Pontevedra poida presentar os seus traballos á segunda edición dos Premios CREA-Creatividade e Innovación, promovidos pola Vicerreitoría e o Consello Social da Universidade.
Os premios, que entrega tres galardóns de 1.500, 1.000 e 500 euros, están dirixidos a promover o traballo interdisciplinar do alumnado, premiando obras que impliquen o traballo conxunto de estudantes de dous dos ámbitos de especialización do campus.
Así, estes traballos deben mesturar medio ambiente e natureza; arte, comunicación e creatividade; educación, innovación social e xestión pública e deporte, saúde e benestar.
O director do Campus Crea e Green Campus, Carlos Souto, explica que estes premios fomentan a cooperación entre estudantes de ámbitos diferentes, "o que sempre é enriquecedor e positivo" para eles e para a propia universidade.
Na primeira edición dos Premios CREA, celebrada o ano pasado, o primeiro premio foi para Corpos do posible, unha obra sobre a diversidade de xénero de Anubis Muñoz, do máster en Dirección de Arte en Publicidad, e Doira Barrio, do máster de Profesorado.
Tamén foron galardoadas as obras O refuxio de Nieves Guimeráns, da escola de Forestais, e de Raquel F. Couto, alumna de Belas Artes; e Detrás de, realizada polas estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicación e Belas Artes Xela Neira e Lola Rodríguez.
Relacionadas:
-
Oito premios para pór en valor a creatividade e capacidade de innovación do alumnado
Por Redacción |
-
'Espazo sen fume', Pontevedra disporá do primeiro campus libre de tabaco
Por Raquel Currás Martínez |
-
Ciencias Sociais quere pasar a ser a Facultade de Comunicación
Por Redacción |
-
Encontros, obradoiros e xornadas formativas para impulsar o Campus Crea
Por Redacción |
-
Unha obra sobre a diversidade de xénero gaña os primeiros Premios Crea do campus
Por Redacción |
-
Os Premios Crea recoñecerán as obras ideadas conxuntamente por estudantes de diferentes ámbitos
Por Redacción |