O BNG de Marín denuncia que o Concello gasta 234.000 euros nun asesor
Por Oskar Viéitez
A portavoz do grupo municipal do BNG no concello de Marín, Pilar Blanco, denuncia que o goberno local do PP, ven de sacar a concurso o contrato de asistencia xudicial ao Concello de Marín e asesoramento xurídico á alcaldesa, María Ramallo, por valor de 234.049,60 (sen IVE), durante tres anos prorrogable a catro.
"Xa en agosto do ano pasado denunciabamos a modificación do anterior contrato de Asistencia xurídica en procedementos xudiciais, por outro que engadía Asesoramento xurídico á Alcaldía e o seu sobre-custe de 30.000 euros sobre o anterior", lembra Pilar Blanco.
"Unha cantidade que xulgamos desorbitada e que se lle vai entregar a un señor por capricho da alcaldesa"
Desde el BNG afirman que a propia alcaldesa, no texto de proposta do contrato, asegura necesitar un asesor para defendela ante órganos como o Tribunal de Contas, os Tribunais Económico-Administrativos ou o Xurado Territorial de Expropiación. A alcaldesa tamén asegura necesitar un asesor xurídico para asistir a reunións ou conferencias públicas ou privadas e para atendela nas dependencias municipais cando ela o requira, engaden.
La portavoz nacionalista asegura que este supercontrato está cuestionado pola Secretaria Xeral do Concello que advirte que o obxecto do asesoramento abrangue a elaboración de ditames e informes xurídicos que responden a actividades ordinarias e permanentes do Concello, e que deberían ser realizadas por persoal técnico municipal tal e como obriga a lei".
"Na práctica non hai xustificación para o gasto dunha cantidade que xulgamos desorbitada e que se lle vai entregar a un señor por capricho da alcaldesa, e ás probas nos remitimos: despois dun ano de contrato, polo que cobrou 70.800 euros, non hai nin un só informe que se fixera público e non sabemos en que temas concretamente aserora á alcaldesa", afirma a portavoz do BNG.
Para contratar asesores da alcaldesa non hai problemas económicos dice Pilar Blanco, refiriéndose a este contrato claramente dirixido a unha soa persoa".
"O tema é aínda máis intolerable se temos en conta que a señora alcaldesa (que di ser asesora xurídica) recibe todos os meses preto de 8.000 de tres administracións (Concello, Deputación e Autoridade Portuaria) mentres lle aplica o decreto Rajoy aos traballadores e traballadoras municipais para suprimir a paga de Nadal, equivalente ao 7% do salario, moi inferior, por certo aos 5.900 que cobra o asesor xurídico", finaliza Pilar Blanco.