Pontevedra, entre as provincias españolas en alerta amarela por chuvia e vento
Por Redacción
Un novo adverso meteorolóxico porá, esta fin de semana, en alerta a unha ducia de provincias españolas, entre elas a de Pontevedra. Trátase dun temporal de choiva e vento que provocará unha masa de aire húmido e inestable que entrará polo suroeste peninsular, interaccionado cun sistema frontal procedente do Atlántico norte que entrará na Península polo noroeste.
Esta situación dará lugar, segundo a Axencia Estatal de Meteorología, con alta probabilidade, a un episodio de choivas xeneralizadas en boa parte da Península, sendo a área mediterránea a zona de menor probabilidade de precipitacións. No caso da provincia de Pontevedra, este adverso afectará especialmente ás zonas costeiras. Nelas, decretouse a alerta amarela por mar de fondo do noroeste, con ondas de entre 3 e 4 metros.
O vento tamén será un parámetro significativo neste episodio. Prevense en xeral ventos do suroeste e oeste moderados con rachas fortes, aumentando en determinados periodos a fortes con rachas moi fortes nos litorais galego e cantábrico, área do Golfo de Cádiz, área mediterránea e zonas altas do interior peninsular.
Este temporal tenderá a remitir a últimas horas do próximo domingo.
Aconsellan extremar as precaucións
Ante este fenómeno adverso, a Dirección General de Protección Civil y Emergencias do Ministerio de Interior recomenda extremar as precaucións. Aconsellan non atravesar co vehículo nin a pé zonas inundadas e circular preferentemente por estradas principais e autopistas, ou afastarse dos ríos, torrentes e zonas baixas de laderas e outeiros.
En caso de forte vento asegurar portas, fiestras e todos aqueles obxectos que poidan caer á vía pública e afastarse de cornisas, árbores, muros ou edificacións en construción ou guindastres que poidan desprenderse.
Ademais, destacan a importancia de manterse informado da posible evolución da situación meteorolóxica porque as choivas fortes e persistentes prodúcense de forma repentina e de prestar especial atención ás normas preventivas que, puntualmente, poida adoptar a Comunidade Autónoma.