Atopan o cadáver dunha muller no río Loira en Marín
Por Redacción
Os servizos de emerxencias recuperaron esta tarde o corpo sen vida dunha muller no río Loira, en Marín, segundo informaron dende o 112. Trátase dunha veciña de Santo Tomé de Piñeiro, J.P.G., de 59 anos.
Segundo informou Urxencias Sanitarias de Galicia foi un particular o primeiro en dar a voz de alarma ás 18.06 horas desta tarde ó atopalo cadáver no río, cerca do cemiterio, na parroquia de Santo Tomé de Piñeiro.
Fontes da Policía Local de Marín apuntan que a morte produciuse de forma fortuíta cando a Muller estaba a recoller castañas.
Ata o lugar do suceso desprazáronse axentes da Policía Nacional, de Protección Civil e bombeiros do Morrazo así coma unha ambulancia asistencial, e persoal sanitario do PAC da localidade.
No lugar tamén foi atendido polo 061 un home de 63 anos, J.O.N., que foi dado de alta.