Os 'jatos' toman as rúas de Portonovo para celebrar o seu particular Entroido
Por Redacción
Tras un ano de paréntese obrigada pola pandemia, a Festa do Jato volveu a animar o Entroido polas rúas e prazas de Portonovo.
A festa asolagou de alegría e cor a coñecida como "Rúa dos Viños" desta localidade mariñeira, que se encheu de disfraces de estilo felino, como marca a tradición.
A celebración arrancou sobre as doce e media da mañá cunha xincana entre a lonxa e o campo de San Roque, onde os "jatos" tiveron que perseguir e atrapar a un rato.
A charanga Os Queimatasas foi a encargada de poñer o toque musical a unha festa que, ademais, incluíu degustación de churrasco e actividades de animación infantil.
A Festa do Jato organizou por vez primeira un concurso de disfraces e un certame fotográfico, en colaboración coa asociación Ollares de Portonovo.
Relacionadas:
-
A Festa do Jato de Portonovo quere presentarse no Culturgal
Por Redacción |
-
Unha animada festa de disfraces pon o broche de ouro ao Entroido de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Praza dos Barcos acollerá unha festa de disfraces tras suspenderse o concurso de parodias
Por Redacción |
-
Luns Choqueiro, martes de Entroidiños e mércores de loito polo Enterro da Sardiña
Por Redacción |
-
O concurso de parodias 'Feito na casa' sae á rúa con motivo do Entroido de Sanxenxo
Por Redacción |