"A moda dabaixo", aberto dende 1896
Por Redacción
"A moda dabaixo" foi distinguido este venres por ser o establecemento máis lonxevo dos asociados ao Centro Comercial Urbano Zona Monumental, así como pola súa traxectoria. O comercio, situado na rúa Soportais, está encabezado por Carlos Díaz.
Esta distinción forma parte da campaña "A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia", da que esta semana é protagonista o Centro Comercial Urbano Zona Monumental.
Esta iniciativa da Consellería de Economía e Industria, busca resaltar o comercio de proximidade e o labor dos centros comerciais na súa dinamización, así como distinguir aos establecementos de maior traxectoria, que souberon adaptarse ao paso do tempo grazas á calidade, á proximidade e á innovación, que os caracterizan. Este é o caso de "A moda dabaixo", un negocio que ten a súa orixe en 1896, e polo que xa pasaron catro xeracións.
Ao acto acudiron a directora xeral de Comercio, Sol María Vázquez, e o presidente do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Miguel Lago.