A Xunta activa o Plan de Vialidade Invernal na provincia
Por Redacción
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de activar o Plan de Vialidade Invernal na provincia de Pontevedra, que reforzará a seguridade viaria na rede de estradas de titularidade autonómica nesta provincia ata o vindeiro 30 de abril.
O departamento que dirixe Agustín Hernández dispón para este ano dun operativo, que estará integrado por 31 máquinas, como camións, retros, cuñas, follas e exparexedoras de sal e salmoira.
Os centros operativos desta provincia divídense en dúas zonas: norte, ubicados en Pontevedra e Lalín; e a sur, localizados en Salvaterra e Couso. A este centros tamén se suman os centros de Mosteiro na AG-41 e do Toural na AG-57.
Este centros disporán da maquinaria necesaria para o mantemento dos 2.800 quilómetros de estradas da Xunta na provincia de Pontevedra, como 7 silos e acopios con máis de 200 toneladas de sal e salmoira, cuñas, retroescavadoras e 8 esparexedores de sal.
A actual campaña supón máis de 109 postos de traballo.