Vilaboa convida as familias a escolarizar a nenos e nenas nos centros educativos do municipio
Por Redacción
O Concello de Vilaboa puxo en marcha unha campaña para invitar ás familias a escolarizar a nenos e nenas nos centros educativos do municipio, "un reto" para os colexios que imparten educación infantil xa que acusan en moitas ocasións o descenso de natalidade.
Deste xeito, e coincidindo co inicio da reserva de praza nos centros escolares, o municipio, co alcalde César Poza á cabeza, queren defender as vantaxes da educación no medio rural tanto para os nenos de Infantil como para os de Primaria e Secundaria.
Para Poza, vivir no rural, "na Galicia profunda, só ten vantaxes" e destaca a importancia de dispor de sete aulas de Educación Infantil situadas en entornos naturais que permitan aos alumnos interactuar co medio. Estas aulas están nas escolas de Educación Infantil do CPI de O Toural e o CRA de Vilaboa, que conta con centros en Barciela, Bértola, Figueirido, Paredes e Pousada.
O alcalde insiste no enfoque que ofrecen estes centros ao permitir "unha interrelación permanente entre o alumnado e unha formación baseada no respeto e o fomento da autoestima, convertendo aos alumnos no centro dun proceso educativo inclusivo e igualitario cun concepto no que os espazos exteriores son unha prolongación das aulas".
Por último, desde o Concello informaron que o CPI de O Toural oferta para os alumnos de Infantil e Primaria os servizos complementarios de transporte e comedor escolar.
Relacionadas:
-
O colexio do Toural estrea novas fiestras tras un investimento de 145.000 euros
Por Redacción |
-
Cuntis renova as axudas á natalidade e dará ata 500 euros por familia
Por Redacción |
-
A ANPA do CPI O Toural alerta do recorte de profesorado para este novo curso e anuncia protestas
Por Redacción |
-
Unha 'flor de paz' nas Salinas como símbolo de unión das parroquias de Vilaboa
Por Redacción |
-
Ábrese o prazo para solicitar praza nos centros escolares para o curso 2022/23
Por Redacción |