Isabel Varela Gómez, viticultora en Meaño, recibirá o Premio 8 de Marzo da unión comarcal de UGT

Por Redacción
O vindeiro luns 7, a partir das 11.30 horas, a sede de UXT en Pontevedra acollerá a entrega do Premio 8 de Marzo á viticultora Isabel Varela Gómez, unha muller encargada dunha explotación vitícola de Meaño.
Unións Agrarias propuxo a súa candidatura destacando a súa afouteza e dignidade dentro do sector Primario. Isabel Varela forma parte deste sindicato desde hai unha década.
A súa traxectoria profesional iniciouse a través do seu sogro, propietario dunhas viñas. Aprendeu a traballalas e mostrou interese neste oficio, de tal forma que co paso dos anos puxo en marcha a súa propia explotación familiar que foi crecendo ata alcanzar as catro hectáreas que forman parte desta extensión de viñedos.
Este negocio naceu no ano 2012 e xa consolidou a súa produción dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas con vendas garantidas no mercado.
Isabel Varela afirma que este premio debe estenderse a todas as mulleres que traballan no campo e a todas as que traballan na casa. Móstrase agradecida e sorprendida polo premio e entende que é un recoñecemento a moitas mulleres que, ademais de traballar nos fogares, tiñan que desenvolver tarefas no campo e carecía de seguro e tampouco cotizaban nin contaban con dereitos como traballadoras.
Afirma que esta situación cambiou e iso inflúe en que as mulleres se valoren máis e que a sociedade as trate con máis respecto. En todo caso, demanda unha maior atención cara ao sector primaria. "A xente pensa que a leituga, que as patacas ou o viño nacen no supermercado; non se pregunda de onde chega ou deixa de chegar, no traballo que hai detrás", laméntase.
A homenaxeada teme pola falta de substitución xeracional no sector agrícola ata o punto de afirmar que o 60% das explotacións actuais non terán continuidade.
Relacionadas:
-
Medio Rural outorga 3,7 millóns de euros en axudas a 80 adegas e produtores da Denominación Rías Baixas
Por Redacción |
-
Isabel Varela, premio 8 de Marzo de UXT: "Non só me honra min, honra a todas as mulleres"
Por Manu Otero |
-
Meaño presenta a súa programación para conmemorar o 8M
Por Redacción |
-
25N | "O crecente aumento de agresións que vivimos tras o estado de alarma obríganos a seguir traballando"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada