O porto deportivo aspira a obter o selo 'Q de Calidade Turística'
Por Redacción
A empresa pública Nauta Sanxenxo aspira a lograr o selo 'Q de calidade turística española' para o Porto Deportivo Juan Carlos I, unha marca coa que se recoñecería a excelencia do servizo que ofrece aos seus usuarios e que se sumaría á Bandeira Azul que ostenta o equipamento grazas ao seu compromiso medio ambiental.
As instalacións de titularidade municipal foron obxecto esta semana dunha exhaustiva auditoría externa destinada a determinar a viabilidade de optar a esta certificación que outorga o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), para o que é necesario cumprir unha serie de requisitos en todos os ámbitos de xestión da firma.
"Estamos moi satisfeitos porque este exame evidenciou o alto nivel do porto xa que cumprimos coas normas específicas para a actividades en instalacións náutico-recreativas", explicou o vicepresidente de Nauta Sanxenxo, Salvador Durán.
Unha vez efectuada esta auditoría externa por unha empresa autorizada para iso por esta entidade de certificación de sistemas de calidade, o próximo día 21 reunirase o comité do ICTE para avaliar as candidaturas presentadas nesta convocatoria.
Relacionadas:
-
Sanxenxo presume de recadación récord no parking do Porto e do alto consumo de auga
Por Redacción |
-
A metade dos barcos que recalaron en Sanxenxo entre xaneiro e xuño son de bandeira estranxeira
Por Redacción |
-
Pontevedra suma catro novas Bandeiras Azuis, con Sanxenxo (14) liderando o ranking español
Por Alejandro Espiño |