Luces amarelas e azuis en Montero Ríos en repulsa ao "intolerable" ataque de Rusia a Ucraína
Por Redacción
Desde onte á noite, as cores azul e amarelo da bandeira de Ucraína iluminan o Pazo Provincial, a sede institucional da Deputación de Pontevedra. Fano como "símbolo de repulsa" ao ataque ruso e en solidariedade con todo o pobo ucraíno.
Carmela Silva entende que se debe adoptar unha "posición clara" contra a invasión de Rusia a Ucraína e apoiar a postura da Unión Europea contra a violencia armada.
"É o momento de facelo", sinalou a presidenta provincial, que asegurou que "temos que ter unha posición firme e sen fisuras" que traslade ao presidente ruso Vladimir Putin "que estamos unidos ante a súa intolerable decisión de atacar a Ucraína".
Silva trasladou ademais a solidariedade en nome de toda a corporación provincial aos homes e mulleres de Ucraína "que está a vivir de novo o terror da guerra".
Ante iso, reiterou Carmela Silva, "hai que tomar partido de forma clara" e traballar para que as hostilidades en chan ucraíno "cesen de inmediato" para que toda a súa poboación poida retomar as súas vidas "con paz, seguridade, liberdade e democracia".
Relacionadas:
-
"As guerras non resolven absolutamente nada máis que deixar mortos e xente moi afectada"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Yulia Diachenko, ucraína en Pontevedra: "Teño moito medo, en calquera momento pode explotar alí un mísil"
Por Manu Otero |
-
A corporación municipal abordará a condena á invasión rusa a Ucraína
Por Redacción |
-
O Concello de Vilagarcía ofrece os seus recursos para acoller poboación ucraína fuxida da guerra
Por Redacción |
-
Yevhen Lysak, de empezar a tempada no Cisne a vivir a guerra de Ucraína: "Estamos a ser bombardeados agora"
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra súmase á condena unánime da comunidade internacional ao ataque de Rusia contra Ucraína
Por Alejandro Espiño |