Verducido celebra San Martiño esta fin de semana
Por Redacción
A deputada, Ana Isabel Vázquez , recibiu á comisión de festas do San Martiño de Verducido, integrada por Blas Vázquez, José Morgade e José Acha.
Os membros da comisión expuxéronlle o traballo que veñen desenvolvendo para a celebración das festas do patrón da parroquia pontevedresa, destacando que o levaron a cabo "nun tempo record, pouco máis de dúas semanas", e agradeceron o apoio da Deputación, así como "a colaboración de todos os amigos e veciños da parroquia e das casas comerciais que contribuiron co cartel das festas".
Os organizadores animan "a todos os pontevedreses a participar das Festas en honor ao seu patrón San Martiño", que se celebran este fin de semana. Recordan que o recinto estará cuberto por unha gran carpa.