Dous novos falecementos de pacientes con covid na área sanitaria eleva a 258 as vítimas da pandemia
Por Diego Espiño
O número de falecementos de persoas con positivo activo por covid na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés incrementouse nas últimas horas ao rexistrarse dúas novas mortes.
Trátase, segundo confirmou á primeira hora deste sábado 26 de febreiro o Servizo Galego de Saúde, de dúas mulleres de 81 e 87 anos que contaban con patoloxías previas e que elevan a 258 o número de vítimas directas na área pontevedresa desde o inicio da pandemia.
En canto ao resto de indicadores sobre a afectación do virus, os casos activos reducen o seu ritmo de descenso aínda que manteñen a tendencia á baixa con 2.284 infeccións activas, o que supón 69 menos que o venres.
Na última xornada sumáronse ás estatísticas 155 novos contaxios e déronse 224 altas a pacientes, situando a cifra de recuperacións en 54.671.
Por último no que respecta a a situación hospitalaria son dúas máis as persoas ingresadas (73), das que 71 evolucionan en planta repartidas entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (62), o Hospital do Salnés (6) e o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (3) e os dous restantes fano na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo.
A nivel autonómico a cifra de casos activos de coronavirus é este sábado 26 de febreiro de 21.294, o que supón un descenso de 1.101 en relación co día anterior.
Relacionadas:
-
Repunte de ingresos por covid con 80 hospitalizados mentres seguen a caer os casos activos
Por Diego Espiño |
-
Pechan os dous puntos de test de antíxenos en Pontevedra e Vilagarcía
Por Redacción |
-
Os contaxios por covid baixan do centenar diarios, con 1.990 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Os casos activos de covid baixan a 2.158 na área sanitaria e volven a cifras de mediados de decembro
Por Diego Espiño |
-
A incidencia continúa á baixa con 71 hospitalizados na área e 2.353 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
A morte dunha muller de 79 anos eleva a 256 as persoas falecidas co coronavirus na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Os casos activos baixan ata 2.454 na área de Pontevedra e O Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
Nas últimas 24 horas curáronse 399 persoas da covid-19 na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |