Feijóo apela a ter unha "mínima humanidade" e retomar a busca dos desaparecidos
A pedimento das familias dos mariñeiros do Villa de Pitanxo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo esta tarde un encontro con eles.
Fíxoo horas antes da chegada a Santiago do avión A-400 do Exército do Aire que traslada a España aos tres sobreviventes do naufraxio e a cinco dos falecidos.
A este encontro, que se celebrou no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, acudiron representantes de dezaseis familias da tripulación, a maioría delas cos seus achegados aínda desaparecidos tras a catástrofe marítima.
Núñez Feijóo, que tan só fixo declaracións á súa chegada, reiterou que as autoridades deben buscar "mecanismos" para que a procura "non se dea por resolta".
"Creo que dar por pechado este asunto e estar os corpos sen ningún interese por atopalos compaxínase mal coa mínima humanidade que hai que ter casos", sinalou o presidente galego.
Reiterou que na zona están a pescar barcos "españois e galegos" e, ademais, entende que deberían regresar os medios de salvamento dun "país aliado de España" como Canadá.
Relacionadas:
-
Lamentan que "en ningún momento" explicaran ás familias as causas do naufraxio do Villa de Pitanxo
Por Alejandro Espiño |
-
O regreso máis triste da tripulación do Villa de Pitanxo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Villa de Pitanxo afundiu tras unha "repentina parada do motor" durante a manobra de virada
Por Natalia Puga |
-
Trámites burocráticos atrasan o regreso a España dos sobreviventes do naufraxio
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
"Ya basta de tanta mentira", clama a esposa dun dos desaparecidos, que esixe "respuestas"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
"Hoxe é día de loito nacional; a homenaxe á bandeira de España e ás familias é buscalos"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot & Natalia Puga |