"Ya basta de tanta mentira", clama a esposa dun dos desaparecidos, que esixe "respuestas"
Fartos de reunións na que, segundo eles mesmos trasladan, non se producen avances relacionados coa procura dos desaparecidos do naufraxio do Villa de Pitanxo, os familiares dos mariñeiros explotaron.
Carolina, esposa de Jonathan Calderón, mariñeiro peruano que segue desaparecido, asegurou que "hoy es la gota que ha colmado el vaso", xa que asegura que "es mentira", como sostén Canadá, que o mal tempo impida retomar as tarefas de procura.
En contacto con mariñeiros que se atopan faenando na zona estes dinlles que "no se espera temporal hasta el miércoles" e que eles estarían dispostos de buscar aos seus compañeiros desaparecidos "pero alguien se lo tiene que pedir".
"Al presidente de la nación le pedimos que ya basta de tanta mentira", sinalou esta muller, que afirma que as familias "simplemente queremos la verdad" e obter "respuestas".
Asegura que "no somos ignorantes porque sabemos lo que había en ese barco", xa que lembra que no Villa de Pitanxo "había wifi" e todos os días "hablábamos con nuestros familiares" mentres se atopaban traballando en Terranova.
O pastor da igrexa evangélica de Marín, Julio Torres, amigo de Samuel Kwesi, un dos sobreviventes, subliñou que España non necesita permiso de Canadá para buscar aos desaparecidos xa que son augas internacionais nas que hai "liberdade de acción".
Torres afirma que o Goberno ten que "cambiar" unha decisión que "ya estaba tomada", a de non retomar a procura "y aguantar el chaparrón" porque as familias "no pueden seguir llorando puerta tras puerta" ata que alguén "tome esa decisión".
Reiterou que a opción máis dilixente é pagar aos pesqueiros que están na zona para que, en lugar de faenar, busquen aos desaparecidos. "Los pescadores lo harían gratis, pero los armadores necesitan esa orden y la garantía de que les compensarán", dixo.
Chegado o caso, "en una hora", segundo o representante relixioso, "esos hombres que se han jugado la vida para salvar a los demás", xa que os seus barcos non están preparados para as tarefas de salvamento, "estarían activados" para realizar esas funcións temporalmente.
Relacionadas:
-
Feijóo apela a ter unha "mínima humanidade" e retomar a busca dos desaparecidos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot & Alejandro Espiño |
-
Trámites burocráticos atrasan o regreso a España dos sobreviventes do naufraxio
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A Fiscalía abre dilixencias para acelerar a declaración de falecemento dos desaparecidos
Por Natalia Puga |
-
"Hoxe é día de loito nacional; a homenaxe á bandeira de España e ás familias é buscalos"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Mensaxes desgarradas e solidarias en Marín: "Trátase de persoas, de vidas humanas"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Os tres sobreviventes do naufraxio, "abatidos" e expectantes ante o seu regreso a España
Por Alejandro Espiño |
-
Clamor multitudinario en Marín para que se retome a busca dos mariñeiros do Pitanxo
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |