Xulgan a un individuo por abusar sexualmente da súa sobriña
Por Oskar Viéitez
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou para este próximo martes o xuízo contra un home acusado abusar sexualmente de sobre a súa sobriña, cando esta tiña 10 anos de idade.
A Fiscalía reclama que sexa condenado a once anos e seis meses de prisión.
O escrito de acusación do Ministerio Pública apunta que os feitos tiveron lugar nos meses de abril e maio de 2019 cando o acusado, irmán do pai da menor, comezou a pernoitar no domicilio situado en Sanxenxo no que reside a súa cuñada cos seus dous fillos menores, unha fin de semana cada 15 días.
Segundo a Fiscalía, o acusado someteu a tocamentos á menor. Uns feitos que se repetiron cada vez que o acusado pernoitaba no domicilio da súa sobriña ata que esta contou o que estaba a suceder á súa nai.
A menor arrastra secuelas de carácter psicolóxico por estes feitos.
O Ministerio Público considera a este individuo autor dun delito continuado de abuso sexual a menor de 16 anos e ademais da condena de once anos e seis meses de prisión reclama unha indemnización do acusado cara á vítima de 30.000 euros polo dano moral causado.
Relacionadas:
-
Xulgan un home por abuso sexual á filla de 4 anos da súa parella
Por Redacción |
-
Condenan un pai de Pontevedra que disparou á súa filla cunha pistola de xoguete para "corrixir a súa actitude"
Por Alejandro Espiño |
-
Condenado a máis de nove anos de cárcere un veciño de Poio por maltratar e violar de forma continuada á súa esposa
Por Oskar Viéitez |
-
A Fiscalía ratifica a súa petición de máis de oito anos de cárcere para un home por abuso e agresión sexual a tres nenas
Por Oskar Viéitez |