Vilalonga disporá dun edificio sociocultural no antigo colexio
Por Redacción
O antigo colexio O Cruceiro, en Vilalonga, terá novos usos. O Concello vai solicitar á Conselleria de Educación a desafectación destas instalacións. O obxectivo é crear un espazo lúdico e multidisciplinar para o uso dos veciños. A boa situación, no centro da vila e a amplitude das instalacións, tanto da parcela como do edificio que se vai a conservar, permiten a creación de espazos e equipamentos para todas as idades: maiores, estudantes e familias.
O antigo colexio sitúase nunha parcela de 4.620 metros cadrados na que hai cinco edificios e dúas pistas deportivas. Catro deles son moi vellos (1956 e 1965) polo que se van a derrubar o que permitirá gañar espazo para, entre outros usos, se dote a Vilalonga de 64 novas prazas de aparcamento. Hai un quinto edificio (1996) en moi bo estado que ten 1.820 metros cadrados construídos, distribuídos en tres plantas.
A planta baixa acollerá un espazo de 360 metros cadrados que se destinará a edificio sociocultural con cafetería, escenario, zona de baile, camerino e servizos. Na planta baixa tamén se instalará a nova biblioteca cunha superficie de 220 metros cadrados. Cada unha destas dependencias ten a súa entrada independente e totalmente accesible. Por encima da planta baixa hai dúas plantas máis cunha superficie de 550 metros cadrados cada unha que se destinarán a outros usos educativos.
O proxecto tamén contemplará a ordenación urbanística de toda a parcela do colexio (4.620 metros cadrados) que dispoñerá de espazos públicos con xardíns e elementos lúdicos. O obxectivo é que o antigo colexio convértase nun equipamento multigeneracional para maiores, estudantes, nenos e familias en xeral.
En definitiva, o antigo colexio de O Cruceiro ofrece polo menos catro vantaxes claras, a súa localización estratéxica no centro de Vilalonga á vez que é unha zona moi tranquila e segura, a reutilización dun edificio amplo e ben conservado que, ademais, permitirá adiantar o seu uso fronte ao longo proceso que sempre conleva a construción de novas instalacións e a creación de 64 prazas de aparcamento a cen metros da rúa principal.
A recuperación deste espazo xunto á reforma prevista na praza pública de Vilalonga converteranse en eixo da actividade social e cultural da parroquia.
Relacionadas:
-
A humanización da praza pública de Vilalonga comezará en setembro e custará uns 900.000 euros
Por Redacción |
-
Sanxenxo aspira a conseguir tres millóns para rehabilitar o vello colexio do Cruceiro
Por Redacción |
-
Os veciños de Vilalonga queren un centro de maiores, a conexión co polígono de Nantes e a humanización da rúa principal
Por Oskar Viéitez |
-
"Vilalonga morre" e os veciños reuniranse en asemblea para buscar solucións
Por Redacción |
-
Vilalonga, primeira parada na rolda de visitas de Telmo Martín ás parroquias
Por Redacción |
-
O Concello solicitará un módulo de FP de Hostalería e Turismo no antigo colexio de O Cruceiro
Por Redacción |