O CIFP Carlos Oroza comezaba a semana coa elaboración dun menú especial'As 1001 receitas do palacete das Mendoza', o libro que o historiador e archivista Ángel Arcay Barral publicou con receitarios recuperados de María e Concepción Mendoza Babiano.
Na cociña, os alumnos tutelados polo profesor Ricardo Fernández Guerra, preparaban tres aperitivos: 'vol au vent' de polo, agullas de bacallau fritidas e ameixas recheas; un entrante de ovo en salsa verde; un peixe: pescada con champiñón; unha carne: lombo con pementos; e dúas sobremesas: flan de castaña e cremas ao Xerez. Na segunda década do século XXI a consecución da materia prima resulta habitual no mercado próximo, non así a comezos do século pasado. Para o alumnado, o máis complexo foi dar coa particular forma de medir as cantidades que tiñan as irmás Mendoza.
A especial ocasión tamén se trasladou ao servizo de sala, onde se servía con guante branco, empregáronse utensilios como campás ou se despiezaban e servían algúns pratos á vista dos comensais, como era habitual nos ambientes elitistas daquel momento; ou como sucede actualmente en establecementos de renome como explicaba o tamén profesor no centro Antonio Suárez no podcast de PontevedraViva Radio.
Á convocatoria acudía o propio autor Ángel Arcay Barral, a cuxa conclusión sinalaba que "cravaron as receitas. Foi todo un espectáculo". Con el Laia Shamirian xornalista gastronómica que destacaba ademais de sabores e retrotraer a vida do palacete pontevedrés, "o esforzo en sala"; isto é, como lle resultou o servizo no comedor. E xunto a eles Yosune Duo Suárez, ilustradora da portada do libro protagonista, quen apuntaba "o coidado" de todo o proceso que resultou "un lujazo"