Doce posibles licitadores visitan Portonovo para participar no concurso de ideas para remodelar o porto
Por Redacción
Unha ducia de interesados participaron este venres no concurso ideas convocado polo Concello de Sanxenxo e Portos de Galicia para remodelar o porto de Portonovo. O primeiro premio estará dotado con 25.000 euros; o segundo, con 10.000 euros e o terceiro, con 5.000 euros. En total serán 40.000 euros para un concurso que terá o próximo 11 de abril a súa data límite de presentación de ofertas.
A visita estivo guiada por responsables do Colexio de Arquitectos de Galicia e do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos e asistiron o alcalde, Telmo Martín, a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, o patrón maior, Juan José Besada, e o presidente do Club Náutico de Portonovo, Javier Ruiz de Cortázar.
O alcalde de Sanxenxo sinalou que o proxecto gañador do concurso deberá ter moi en conta "as tres actividades que se desenvolven neste espazo. A actividade pesqueira, o Club Náutico de Portonovo e o uso e difrute do terreo público". Telmo Martín tamén indicou algunhas ideas e necesidades da vila como "unha gran praza pública e un aparcamento".
Pola súa banda, a presidenta de Portos incidiu en que a visita serve "para que os posibles licitadores coñezan in situ o porto e as súas necesidades" e destacou que o concurso "materá o carácter puramente portuario, pero conxugado cos usos municipais". Ademais, explicou que se primará "a calidade arquitectónica e ingenieril, a sustentabilidade, os custos de mantemento e a capacidade económica do proxecto".
Finalmente, o proxecto da obra, segundo Martín "non se fai nin nun nin en tres anos porque leva unha tramitación complexa" e asegurou que o financiamento "non supoñerá ningún impedimento".
Relacionadas:
-
Unha gran praza central coroará o novo porto de Portonovo, que terá máis zona verde
Por Redacción |
-
O xurado do concurso para a remodelación do porto de Portonovo admite as seis ofertas
Por Redacción |
-
Seis propostas chegadas desde Madrid, A Coruña e Ourense para remodelar o porto de Portonovo
Por Redacción |
-
Aprobado o orzamento municipal para 2022 que se eleva a 32,5 millóns de euros
Por Redacción |
-
O Club Náutico Portonovo, pioneiro en adaptar as súas instalacións a persoas con deficiencia visual
Por Redacción |
-
Portonovo, primeiro porto deportivo galego cunha plataforma flotante de loita contra a contaminación
Por Redacción |