Xuntanza para activar o proxecto europeo Forvalue coa intención de recuperar terreos abandonados
Por Redacción
Representantes veciñais, técnicos da Consellería do Medio Rural e da Universidade de Santiago, integrantes da empresa pública Seaga e a Asociación Forestal de Galicia (AFG) mantiñan un encontro con Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, para activar o proxecto europeo Forvalue en terreos abandonados ou que sufrisen incendios forestais en Parada de Tenorio. O obxectivo é reactivalos combinando o uso forestal, agrícola e gandeiro.
Esta iniciativa europea, na que participa a Xunta de Galicia, busca recuperar terreos que se atopan abandonados en zonas afectadas por incendios. A proposta analiza modelos que melloren a resilencia para evitar o perigo de lume foresta a través dunha visión transfronteiriza.
O goberno local quere fomentar e revalorizar os terreos recuperando aqueles que se atopan abandonados e poñelos en valor, con limpeza de franxas secundarias, proxectos produtivos en zonas rurais e posta en marcha de iniciativas ambientais.
A idea na que se traballa é converter Parada de Tenorio nunha "zona piloto", xa que se trata dun espazo afectado historicamente por incendios forestais. Esta fórmula súmase a outras que, segundo o goberno local, se desenvolven no Concello para repoboar forestalmente diferentes puntos; a Aldea Modelo de Mouteira-Parada de Cerdedo; a creación do polígono agrario de Tomonde e Vilalén, ademais de ou proxecto de acondicionamento paisaxístico, cun orzamento de 300.000 euros para intervir no acceso á Carballeira de San Xusto coa construción dun miradoiro sobre o río Lérez.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade contrata vinte peóns forestais para previr incendios
Por Redacción |
-
Tres días de loito oficial en Galicia: "No son 132 incendios, son 132 atentados"
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Tenorio, de novo vítima dos incendios
Por Redacción & Diego Torrado | Creada e actualizada