Un escaparate na Praza de España para descubrir "O Mellor da Terra"
Por Redacción
A Praza de España de Pontevedra acollerá esta fin de semana a segunda edición da feira O Mellor da Terra. Unha carpa na que preto de corenta produtores darán a coñecer unha ampliar variedade de produtos naturais, ecolóxicos e de proximidade.
Ademais, será a primeira feira deste tipo que se faga en Galicia no ano 2022. Por motivos de axenda, " temos unha chea de eventos aprazados a maio e xuño", dixo a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, o evento tivo que adiantarse ao mes de febreiro.
En horario ininterrompido, de 11 a 21 horas, os interesados en coñecer estes produtos poderán achegarse á carpa da Praza de España os días 4, 5 e 6 de febreiro. No seu interior atoparanse con 37 expositores que ofrecen produtos tan variados como aceites, hidromel, viño, cervexa ou un amplo abanico de produtos gastronómicos elaborados, na súa maioría, na provincia de Pontevedra.
Con todo, haberá tres produtores de fóra de Galicia que presentarán produtos tan cobizados como a anchoa de Santoña, a chacina de León ou o pemento da Beira.
"É unha boa plataforma para dar visibilidade a pequenos produtores que non poden chegar ás grandes superficies", sostén Jorge, un dos organizadores do evento, quen destaca que a feira se está consolidando e que proximamente se organizará tamén noutras catro cidades galegas.
O ano pasado pasaron pola carpa de O Mellor da Terra unhas 30.000 persoas.
Relacionadas:
-
Inaugurada a carpa "O Mellor da Terra" con 37 manxares naturais e de proximidade
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Divertida presentación en FITUR da "capital española do turismo verde, deportivo e gastronómico"
Por Oskar Viéitez |
-
Love Rías Baixas foi a presentación da campaña "máis emocional, diferente e rompedora destes anos"
Por Oskar Viéitez |
-
A Praza de España acollerá a primeira Feira de Alimentación 'O Mellor da Terra'
Por Redacción |