O goberno local de Cuntis presenta un orzamento municipal que supera os 4,6 millóns de euros
Por Redacción
O grupo de goberno do Concello de Cuntis presentou en comisión as contas ademais de reunirse cos grupos políticos da oposición para tratar os orzamentos deste ano, que superan os 4,6 millóns de euros.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, avanzou que "con este orzamento municipal trataranse de cubrir as principais necesidades orzamentarias do noso Concello, tendo como prioridade as partidas sociais, ademais de conservarse as axudas aos distintos colectivos sociais e culturais do noso concello para que poidan manter as súas actividades con normalidade".
Manuel Campos tamén incidiu en que "ao mesmo tempo manterase o esforzo en servizos fundamentais a nivel social como son o Cuntilín ou Atención Temperá e tamén as axudas á natalidade". A maiores contémplase unha partida específica de axudas ao comercio.
Finalmente, a partida de inversións superará os trescentos mil euros e tamén se dotan partidas para a conservación de petróglifos e patrimonio cultural.
O orzamento someterase a pleno este xoves para a sua aprobación.
Relacionadas:
-
Cuntis aproba de xeito definitivo o orzamento para o 2022 e o plan de axuste económico
Por Redacción |
-
Un informe de Intervención rexeita aumentar a partida para a conservación dos petróglifos de Cuntis
Por Redacción |
-
Aprobado o orzamento municipal de Cuntis cun incremento das partidas sociais e unha aposta polo polígono
Por Redacción |
-
Suspenden a Festa do lacón con grelos de Cuntis
Por Redacción |
-
A oficina de turismo de Cuntis obtén por primeira vez a Q de Calidade
Por Redacción |
-
Humanizan a contorna para mellorar a accesibilidade á praza traseira do Concello de Cuntis
Por Redacción |