Convocan para o 13 de febreiro unha nova protesta en Marín "por unha atención primaria digna"
Por Redacción
A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo convocou unha nova manifestación contra os recortes nos centros de saúde e nas urxencias do municipio.
Esta xornada de protesta terá lugar o vindeiro domingo 13 de febreiro "en defensa dunha atención primaria digna", sinalan.
"En Seixo, 6 meses despois segue sen cubrirse a tempo completo a xubilación dun dos dous facultativos e en Marín, non están a pasar consulta os 14 facultativos que corresponde, hai longas colas e, por exemplo, para ter informada unha placa hai que esperar varios meses", sinalan desde a plataforma defendendo que "é gravísimo que nun concello de 24.000 habitantes e cun porto de interese xeral do estado só haxa un médico e que cando ten que saír na ambulancia teña que deixar os pacientes que esperan atención urxente desatendidos".
A manifestación, con saída prevista ás 12.00 horas desde o Centro de Saúde de Marín, coincide coa que celebrarán ese mesmo día as plataformas de Moaña e Cangas.
Antes dese día o colectivo marinense, que agrupa a 20 asociacións e entidades das diferentes parroquias, ten previsto realizar asembleas veciñais entre os días 1 e 9 de febreiro. En concreto as reunións comezarán o 1 de febreiro na Casa da Cultura do Campo e seguirán o día 2 en Ardán, o 3 en Santomé, o 4 en Seixo, o 7 de febreiro en San Xulián, o día 8 en Estribela e o 9 na Biblioteca de Marín.
Relacionadas:
-
O mal tempo obriga a aprazar ao domingo 20 a manifestación en defensa da sanidade de Marín
Por Redacción |
-
O BNG convoca unha concentración en defensa do PAC de Caldas
Por Redacción |
-
Denuncian que a falta de médicos no PAC de Marín obrigou a derivar pacientes a Bueu e Pontevedra
Por Redacción |
-
Instalan pancartas para pedir o segundo médico a tempo completo no Centro de Saúde de Seixo
Por Redacción |
-
A Plataforma de Seixo descubre unha reunión "ás agochadas" do xerente da área sanitaria e a alcaldesa de Marín
Por Redacción |