Agustín Fernández presenta a súa candidatura para substituir a Meijón á fronte do PSOE local
Por Natalia Puga
O ata agora número dous do PSdeG-PSOE de Pontevedra, Agustín Fernández, opta de forma oficial a converterse en líder local do partido. O tamén concelleiro de Educación do Concello da capital anunciou que presentará a súa candidatura para cubrir o prazo que deixou vacante Guillermo Meijón.
Meijón dimitiu en outubro. Xa anunciara que deixaría a secretaría xeral local cando entrou a formar parte da executiva galega do PSdeG-PSOE e acabou adiantándoa ante o seu nomeamento inmediato como portavoz adxunto de Educación dsel Grupo Socialista no Congreso dos Deputados.
A vacante que deixou Meijón está sen cubrir e Agustín Fernández anunciou na noite do luns aos seus compañeiros de partido que quería optar a ocupala. Este martes o secretario provincial dos socialistas, Santos Héctor, revelou que xa se puxo en contacto con el a semana pasada para transmitirlle a súa intención de presentar a súa candidatura.
Santos Héctor agradeceu o xesto de Agustín Fernádez ao "ofrecerse a liderar o partido en Pontevedra" e destacou a súa "valía" e "experiencia" como militante.
O proceso de elección do novo secretario local ten que auspicialo a agrupación a nivel provincial, pero Santos Héctor adiantou que se organizará todo de forma conxunta e que os integrantes da executiva provincial do partido serán "neutrais" e "garantistas da democracia" e a normativa interna do partido.
Ata o momento non hai data para as eleccións, pero farase "nos prazos máis curtos posibles, pero suficientes para garantir a participación de todo o mundo". Santos Héctor anima a todos os socialistas pontevedreses a que presenten as súas candidaturas, pero "a data de hoxe" descoñece se "hai outro compañeiro que se queira presentar".
A preguntas dos xornalistas, Santos Héctor descartou que a persoa elixida como novo secretario local sexa o futuro candidato do PSOE á Alcaldía de Pontevedra, senón que "iso é a asemblea a que o decide". A Executiva provincial non aposta por ningún candidato, senón que "serán os militantes os que tomen esa decisión".
Relacionadas:
-
Gómez Arias aposta por dar "un giro a la izquierda" cun PSdeG-PSOE renovado e municipalista
Por Alejandro Espiño |
-
Valcárcel alíase con Jesús Gómez para pugnar con Agustín Fernández polo control do PSdeG-PSOE
Por Alejandro Espiño |
-
Valcárcel non descarta disputar a Agustín Fernández o liderado do PSdeG-PSOE en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
A asemblea para elexir o novo secretario local do PSdeG-PSOE será "non máis alá de quince días"
Por Alejandro Espiño |
-
Meijón adianta a súa dimisión como secretario dos socialistas pontevedreses para 'fiscalizar' a Lei Wert
Por Redacción |