A Policía Local da Illa ten un novo coche patrulla
Por Redacción
A Policía Local da Illa de Arousa conta cun novo vehículo desde este venres.
Trátase dun Toyota RAV 4 híbrido de 220 cv. Conta con biombo de detidos, desfibrilador, ponte última xeración abatible con posibilidade de escribir mensaxes e computador e impresora na propio patrulla co programa Xespol. Tamén ten un kit detector de drogas e alcol.
Todos estes complementos teñen como obxectivo proporcionar un mellor servizo á cidadanía, permitindo xestionar desde o coche calquera tipo de incidencia.
Custou un total de 48.000 euros e foi pagado integramente polo Concello da Illa de Arousa. No acto oficial estiveron presentes o alcalde da localidade, o concelleiro de seguridade, un axente da Policía Local, e un representante da empresa onde se adquiriu o coche.
O parque móbil da Policía local dispón agora mesmo de dous vehículos patrulla e unha motocicleta.
Relacionadas:
-
A primeira muller policía local da Illa de Arousa toma posesión do seu cargo
Por Raquel Currás Martínez |
-
A Policía Local visitará os colexios para formar en educación vial aos escolares
Por Redacción |
-
Iniciativa solidaria da Policía Local de Poio para garantir a seguridade infantil nos coches
Por Redacción |