O monte Teixugueiras xa ten 44 árbores máis
Por Redacción
A Escola Infantil Dalila, co obxectivo de educar en valores de sostibilidade e respecto ao medio ambiente, instruíron aos seus pequenos e pequenas a través dun proxecto de plantación de árbores no monte Teixugueiras, en Mogor.
As concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña acudiron ata o lugar, de propiedade municipal e que foi cedido para esta actividade para convertirse desde este venres no 'Bosque dos Nenos'.
A actividade supuxo tamén un importante reto de visibilidade, xa que foron os usuarios da Fundación Juan XXIII que cursan Xardinaría, aos que titorizaron ás familias na plantación do seu árbol.
En total participaron 44 familias en dúas quendas, que sinalizaron cada árbore cunha placa co nome da familia, que se comprometeu a coidar do exemplar ao longo do ano, véndoo medrar e converterse nunha árbore frondosa.
As árbores que se plantaron foron exemplares de castiñeiro de froito, cerdeiras silvestres, maceiras silvestre, érbedos, arandeiras, framboesas, acivros, nogais...