36 municipios da provincia van repartirse 5 millóns de euros do Plan de Recuperación para destinar a comercio e turismo
Por Mónica Patxot & Redacción
José Miñones, delegado do Goberno en Galicia, acudía este xoves á Deputación de Pontevedra para manter un encontro con representantes de 36 municipios da provincia para presentar os fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno.
Acompañado pola presidenta provincial Carmela Silva e polo vicepresidente César Mosquera, ademais de pola subdelegada Maica Larriba, Miñones presentou catro proxectos que impulsa a Deputación de Pontevedra e que repartirán cinco millóns de euros do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para fortalecer a actividade comercial local.
A Deputación de Pontevedra lograba dúas axudas dentro da convocatoria do ano 2021 para mellorar o sector comercial por un valor de 1.514.405 euros a través dos programas 'Da túa man' e 'Commerce Inside' ademais de dúas axudas para Plans de Sustentabilidade Turística en destinos cun valor de 3.569.000 euros.
José Miñones asegura que 2022 será o ano de Galicia e de Pontevedra, co Plan de Recuperación e os investimentos procedentes do Goberno central que se moven ao redor do Xacobeo. Na súa intervención demandaba á Xunta de Galicia que deixe de poñer "reparos" e "escusas" ao entender que ese non é o camiño para seguir para executar os 1.500 millóns que foron concedidos á administración autonómica. Pediu ao goberno de Núñez Feijóo que non queden sin investir eses fondos "como non pasado".
A presidenta da Deputación de Pontevedra agradeceu ao Goberno central esta participación do mundo local, que "non devolve un euro" debido á escaseza de recursos que teñen e destacou o traballo desenvolvido desde a institución provincial para definir as liñas para enfocar estes fondos procedentes de Europa.
Carmela Silva lembrou que actualmente na provincia xestiónanse preto de 20 millóns de euros de fondos da UE en cuestións como eficiencia enerxética nos municipios, xestión turística, fortalecemento do comercio e sectores produtivos. E asegurou que no futuro aspiran a máis fondos destas características, entre outros, para proxectos como a ampliación do Museo de Pontevedra ao antigo convento de Santa Clara, obxectivo para o que demandou a axuda do Goberno Central e da Xunta. Pediu tamén á administración autonómica que permita aos concellos que participen doutras axudas destinadas a infraestructurasviarias ou a contratación de persoal que finaliza FP ou carreiras universitarias.
O vicepresidente César Mosquera destacou que a liña da Deputación é ver proxectos de fronte ao futuro atendendo á sustentabilidade e co obxectivo de que as administracións locais traballen ben para poder optar a estes fondos. Explicou que é necesario ser proactivos para evitar o malgasto e se poidan executar as distintas propostas. Coincidó coa presidenta en augurar que, con esta fórmula, seguirán chegando as axudas europeas.
Relacionadas:
-
Tramitada a contratación de dúas iniciativas provinciais para vencellar turismo e comercio local
Por Redacción |
-
Carmela Silva afirma que a Xunta "mente" por apropiarse como súas unhas axudas procedentes do Goberno central
Por Oskar Viéitez |
-
Un sistema de alertas da Deputación informa aos concellos das convocatorias de fondos europeos de interese
Por Oskar Viéitez |
-
43 establecementos turísticos de Pontevedra e O Salnés recibiron o pasado ano 720.000 euros en axudas da Xunta
Por Redacción |
-
Deputados nacionais do PP reclaman desde Pontevedra que amplíe os beneficios fiscais do Xacobeo ata 2023
Por Redacción |
-
A quinta edición de "Voando nas Rías Baixas" incluirá sete roteiros guiados para a observación de aves
Por Oskar Viéitez |
-
Petición expresa de colaboración ao Goberno central para ampliar o Museo de Pontevedra
Por Redacción |
-
200.000 euros para promocionar a provincia en 2022 como destino turístico
Por Diego Espiño |
-
O Pleno da Deputación aproba o orzamento "máis alto e expansivo da súa historia"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |