Redúcese o ritmo de descenso de casos de covid na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
Con este xoves 27 de xaneiro xa son seis os días nos que os datos da pandemia mostran un descenso consecutivo no número de casos de covid nesta sexta onda na área sanitaria de Pontevedra O Salnés.
A última actualización dos datos na área sanitaria sinala que hai 7.627 pacientes con infección activa, son 84 menos que onte mércores.
Nas últimas 24 horas curáronse 695 persoas.
Así, este martes o Servizo Galego de Saúde (Sergas) notifica 613 novos casos abertos nas últimas 24 horas.
Hai un total de 90 pacientes enfermos de Covid que están ingresados en planta de hospitalización, son 6 máis que onte.
Son 77 (seis máis que onte) no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 2 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 11 no Hospital do Salnés. Soben a 8 (un máis) os pacientes en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus, 7.530 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica, ao ser asintomáticos ou ter pouca sintomatoloxía.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 39.255 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 240 pacientes.
En canto a realización de PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 937 probas, que se engaden ás 384.258 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria. A elas súmanse as 213.359 probas de antígenos e outras 118.746 probas de detección da covid-19.
GALICIA
No conxunto de Galicia este xoves aumentan os casos activos e os hospitalizados, mentres baixan os novos contagios.
Continúa a tendencia descendente dos casos activos de Covid-19 iniciada a pasada fin de semana pero fréase o ritmo ao aumentar as infeccións no medio milleiro ata as 66.364; así como dos hospitalizados, que soben a 645 (16 máis que o día anterior); mentres que os novos contagios descenden a uns 6.000, case un milleiro menos que a xornada pasada.
En canto á taxa de positividade, mantense nun 18 por cento.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 66.364 deles 14.402 son da área da Coruña, 6.710 da de Lugo, 6.813 da de Ourense, 7.627 da de Pontevedra, 17.313 da área de Vigo, 10.289 da de Santiago e 3.210 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 597 en unidades de hospitalización e 65.719 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 329.880 persoas curadas, rexistrándose 2.902 falecementos, tras notificar a Consellería de Sanidade este mércores cinco novos óbitos.
O número de PCR realizadas é de 3.531.043.
O número de dose de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.344.959.
Relacionadas:
-
Descenso de hospitalizados por covid e de casos activos a pesar de rexistrarse 546 novos contaxios na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria bota o freo e os casos activos volven subir: 109 máis desde onte
Por Alejandro Espiño |
-
Un home de 77 anos procedente da Residencia Domus Vi de Ribadumia, vítima 241 na área sanitaria
Por Redacción |
-
A Xunta permite os desfiles de Entroido pero prohíbe fumar
Por Oskar Viéitez |
-
A hostalería recupera os seus horarios e elimínase o "toque de non queda"
Por Oskar Viéitez |
-
Quinto día consecutivo con baixada de casos de covid
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O 60% dos hospitalizados no últimos catro días ingresaron por patoloxías sen relación co covid
Por Oskar Viéitez |