O IES Luís Seoane analiza a organización de microeventos para a pequena e mediana empresa
Por Redacción
O IES Luís Seoane acollía este mércores unha xornada de aprendizaxe destinada a desenvolver técnicas de organización de microeventos para as pequenas e medianas empresas (PEMES).
A sesión desenvolveuse a través dunha mesa redonda moderada polas alumnas Carla Campos, Sara Rey e Alba Abilleira. Os relatores foron Miguel Ángel Souto, consultor de márketing e vendas; e Alberto Ribas, creador de contidos e do blogue @alvientooo.
A figura dos microeventos como estratexia de marca, de comunicación e de promoción empresarial centrou a proposta. Analizouse como organizar eventos con presupuestocero a partir da imaxinación e da alianza con outras empresas. Un dos puntos máis importantes estableceuse en relación ao público ao que se dirixen e a necesidade de personalizar as propostas.
A sesión atópase en Youtube e contou coa colaboración de AEMPE, AJE Pontevedra e o Centro Comercial Urbano Zona Monumental, que difundiron entre os seus asociados a posta en marcha desta sesión.