O Plan Revitaliza reparte 100.000 euros para mellorar a xestión de residuos en oito concellos
Por Redacción
O plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra vén de repartir 100.000 euros en subvencións entre os concellos como os da Illa de Arousa, O Grove e Poio para financiar ‘Estudos técnicos de xestión e prevención dos residuos municipais’.
Estas axudas permitirán aos concellos ter unha radiografía da situación actual e contemplar unha proposta técnica para abordar os residuos de maneira efectiva e viable economicamente e tamén adaptar ordenanzas tipo fiscal e de xestión ás características de cada concello.
As axudas foron solicitadas por outros 14 municipios, mais só foron seleccionados oito beneficiarios ata cubrir a contía total das subvencións en función da puntuación obtida pola súa implantación da compostaxe, dos datos de recollidas selectivas, ou da dispoñibilidade de persoal especializado.
Así, O Grove recibirá 15.000 euros e A Illa de Arousa; 12.000 euros, que cubrirá a totalidade do proxecto. Mentres que o de Poio percibirá 13.000 euros para o 66,6 % do gasto, ata esgotar o crédito provincial. Os demais concellos beneficiarios son Mondariz, As Neves, Valga, O Rosal, e Tomiño.
Segundo explica o vicepresidente César Mosquera, os estudos técnicos deberán centrar os esforzos nos principais xeradores de residuos que, segundo subliña, non son os domicilios, senón os produtores singulares como restaurantes, centros sanitarios, supermercados, negocios, e outras actividades. Así mesmo, apunta que nos textos será fundamental ter en conta a nova Lei Estatal de Residuos, que está en tramitación.
Por outra banda, o vicepresidente lembrou que o vindeiro venres 28 de xaneiro celebrarase o Día Mundial pola Redución de emisións de CO2 e subliñou que a Deputación de Pontevedra quere poñer en valor que a compostaxe é a única ferramenta de xestión de residuos que pecha o círculo da reciclaxe ao 100 %.
Relacionadas:
-
O corpo de control da Deputación inspeccionará os residuos de 22 concellos da provincia
Por Redacción |
-
Aumenta a demanda de compost elaborado nos centros comunitarios de San Salvador
Por Redacción |
-
O Grove reforzará o seu cadro laboral con 19 novos traballadores
Por Redacción |
-
A Deputación habilitará axudas para que os concellos poidan adaptarse á nova Lei de Residuos
Por Oskar Viéitez |
-
Inclúen o Plan Revitaliza nunha guía europea de boas prácticas sobre desperdicios alimentarios
Por Alejandro Espiño |
-
Expertos subliñan ao agrocompostaxe como unha das mellores ferramentas para combater o cambio climático
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación lanzará unha liña de axudas para potenciar experiencias de agrocompostaxe
Por Oskar Viéitez |