O 'raxito de pulpo' de Terracita, bocado gañador do sexto Caldelas Tapas Quentes
Por Redacción
A sexta edición do certame gastronómico Caldelas Tapas Quentes xa ten gañador. É a cafetería Terracita, que foi elixida polo xurado especializado pola alta calidade da proposta que presentaron ao concurso, o seu 'raxito de pulpo'.
Foron doce os locais que participaron os venres dos meses de decembro nesta proposta culinaria que ten como finalidade dinamizar a hostalería do municipio.
O xurado, composto por Pepe Vieira, Conchi Amoedo e Ángeles Míguez 'Lita', destacou o sabor e a presentación da tapa gañadora, así como o emprego de produtos de proximidade e de tempada.
Os establecementos que participaron no Caldelas Tapas Quentes 2021 foron Alborada, Acuña, Alameda, Atelier del Delirio, Bar Valladares, Jamarte, Klimbin, Terracita, LaTribu, Tapería Victoria, Mesón Parad, e Verdugolandia.
Para o mes de xullo, o Concello de Ponte Caldelas porá de novo en marcha a edición de verán do Caldelas Tapas para continuar promocionando o municipio e apostando por atraer visitantes a Ponte Caldelas nas noites do venres.
Relacionadas:
-
Con decembro, tamén volven a Ponte Caldelas as tapas quentes e a artesanía
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas xa degusta as súas 'Tapas Quentes'
Por Redacción |
-
Doce locais competirán no concurso Caldelas Tapas Quentes
Por Redacción |
-
Verdugolandia repite triunfo no ‘Caldelas Tapas’ co bocado ‘Carrilleiras do Verdugo’
Por Redacción |