O PP censura que o Concello "incite" ao consumo de alcohol entre a mocidade ao manter o 'botellódromo'
Por Alejandro Espiño
O de Pontevedra, segundo denunciou Rafa Domínguez, é o único espazo autorizado e "expresamente permitido" en Galicia como 'botellódromo', algo que "incumple claramente" a lei galega de saúde pública, que prohibe o consumo de alcol na vía pública.
"Es terrible que se incite a los jóvenes a beber alcohol", sinalou o portavoz do PP, que responsabiliza ao goberno municipal de "promocionar" este espazo no que, ademais, "acceden menores, hay brotes de peleas y se registran insultos homófobos intolerables".
O Concello, reiterou o dirixente popular, "promueve" que os mozos beban alcol nun espazo público habilitado para iso, mentres a hostalería atópase en "máximas restricciones" polos contagios rexistrados nesta sexta onda da pandemia.
Ademais, Rafa Domínguez lembra que nos últimos meses aumentou de maneira "dramática" as patoloxías psiquiátricas entre a poboación máis nova, que pode levar a que moitos deles caian no alcol para superar "procesos de ansiedad o estrés".
Todo iso, engadiu Domínguez, sen que haxa ningún informe xurídico que avale a decisión de crear este 'botellódromo', aínda que recoñeceu que descoñece por que a Xunta non actuou contra o Concello para facer cumprir a lexislación.
"No se han tomado todas las medidas que se deberían llevar a cabo", dixo o líder do PP en Pontevedra, que remite a que sexa a Xunta "la que diga por qué".
Esta situación provoca, segundo o dirixente do PP, que os axentes da Policía Local se atopen cunha "inseguridad jurídica" ante calquera episodio que se rexistre neste espazo porque "no van a temer ningún respaldo legal".
A iso, o dirixente do PP pontevedrés sumou a "permisividad" que aprecia na Policía Nacional ao non reforzar os controis sobre o 'botellódromo' como parte das súas responsabilidades en materia de orde pública.
O CONCELLO MANTÉN QUE "NON SE COMETE NINGUNHA ILEGALIDADE"
Desde o goberno municipal, a edil de Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde, defendeu que "non se comete ningunha ilegalidade" coa existencia do 'botellódromo' en Pontevedra, ao entender os técnicos que é de aplicación a ordenanza municipal de convivencia.
Vilaverde sinalou que ao PP "o que lle molesta" é que o Concello "solucionemos problemas", xa que lembrou que no centro histórico había conflitos de convivencia "que podían ir a peor ou cronificarse no tempo".
"Tomamos decisións e solucionamos a convivencia. Iso é o que molesta ao PP", apuntou a concelleira do BNG, que acusou aos populares de que "o único que queren é buscar problemas onde non os hai".
Relacionadas:
-
Unha acción informativa no 'Botellódromo' tratará de previr o consumo de substancias aditivas
Por Oskar Viéitez |
-
Pepa Pardo, do PP, pon en dúbida a existencia dun informe municipal que avale a reactivación do botellódromo
Por Redacción |
-
O Concello dá por "resoltos" os problemas de convivencia no centro histórico polo botellón
Por Alejandro Espiño |
-
Veciños da Zona Monumental denuncian actos vandálicos nas súas casas derivados da movida nocturna
Por Manu Otero & Mónica Patxot |