Barro pechou o ano con máis de 900.000 euros de superávit
Por Redacción
O Concello de Barro cerrou o exercicio económico de 2021 en números positivos. Os datos da liquidación anual do orzamento municipal destacan un superávit de 919.294000 euros, dos cales 604.000 euros son fondos xa comprometidos do ano pasado en proxectos que xa están contratados, en proceso de execución ou que aínda están en fase de redacción.
O goberno municipal maniféstase satisfeito cunhas cifras que avalan a boa xestión económica do Concello e que permiten facer investimentos sen que a economía municipal se vexa afectada. O pasado ano investíronse 987.870 euros en distintos proxectos.
De cara ao exercicio do 2022, fontes municipais indican que Barro seguirá coa mesma liña económica para sacarlle o maior rendemento posible ao diñeiro público mellorando os servizos e os bens municipais cunha política económica rigorosa na xestión.
Relacionadas:
-
Barro destinará 400.000 euros do superávit á mellora de espazos públicos e a paliar os efectos da crise
Por Redacción |
-
O orzamento de Barro incrementa o gasto social e manten o apoio ao asentamento de empresas
Por Oskar Viéitez |
-
Barro reduce á metade a débeda herdada do anterior goberno
Por Redacción |